Informe Abril 2017 FeSP-UGT Informe Abril FeSP-UGT | Page 14

Prazo de solicitude de comisión de servizo

en atención a situacións especiais por

motivos de saúde para o curso académico

2017/2018.

O primeiro prazo de solicitude de comisión de servizos por razóns de saúde é do 15 de abril de 2017 ao 30 de abril de 2017, ambos inclusive.

Poderán solicitar comisións de servizo de saúde neste prazo o persoal docente do corpo de catedráticos, ensinanza secundaria, profesorado técnico de formación profesional, profesorado de música e artes escénicas, profesorado de escolas oficiais de idiomas, profesorado ou mestre de artes plásticas, mestres, profesorado de relixión e persoal interino.

O persoal docente que está participando no concurso de traslados, poderá solicitar comisión de servizos por razóns de saúde unha vez que se publique a resolución definitiva da adxudicación de destinos do referido concurso.

Para solicitar unha comisións de servizos deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.es/cadp e deberá facer a súa solicitude a través desta aplicación informática.

COMISIÓNS DE SERVIZO POR MOTIVOS DE SAÚDE 2017

Para aquelas persoas que participen no CXT, o prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución do concurso no Diario Oficial de Galicia.

día seguinte ao da publicación da resolución do concurso

no Diario Oficial de Galicia.