Ideas para regalar no Nadal Folleto Nadal inf e 1º c | Page 7
Para papás e mamás, tíos, avós e demais familia
O último barco - Domingo Villar - Ed. Galaxia.
Unha novela policiaca ambientada en Tirán. O inspector Leo Caldas
debe investigar a desaparición de Mónica Andrade. Para iso conta
coa inestimable axuda do seu equipo e os consellos ,sempre estima-
bles do seu pai.
Malaherba. Manuel JAbois - Edit.
Alfaguara. Un día Mr. Tamburino, Tambu, un neno de dez
anos atopa o seu pai tirado no cuarto e coñece a Elvis, un novo
compañeiro de clase. Unha novela que atrae e sen preten-
sións.
Corazón que ríe, corazón que
llora - Maryse Condé - Ed. Impedimenta. Unha historia
familiar, unha familia entre dous mundos, Francia e a colonia de Gau-
dalupe. Tenra, inxenua e lixeira.
O inimigo coñece o sistema —
Marta Peirano - Ed. Faktoría K. En vez de contribuír a
un mundo máis xusto e sostible, son instrumentos de domina-
ción. Da nosa idílica relación con webs, redes sociais, teléfonos
móbiles... nútrese o capitalismo das plataformas . Un libro que
nos descobre cousas que nin imaxinamos.
Infamia — Ledicia Costas - Ed. Xerais. Emma Cruz é
avogada e profesora de Dereito Penal. Trasládase a Merlo para im-
partir clases na Universidade, sen saber que ese lugar está marcado
pola desgraza. A súa chegada coincide co 25 aniversario da desapari-
ción das irmás Giraud, dúas nenas ás que semella que tragou a terra.
Que foi das irmás Giraud? Están mortas? Se é así, quen as asasinou?