I+D Media 3.0 A Coruña Edad Media Proyecto I+D Media A Coruña Edad Media | Page 8

A rúa Zapatería

A cidade medieval

Outra rúa de A Coruña cunha gran historia que albergaba aos mellores zapateiros da cidade. Séculos atrás, poderías perderte polo rúa do gremio mais importante da cidade.

Está situada na cidade vella de A Coruña. É unha rúa na que a maioría de locais están pechados ou abandonados, aínda que antigamente era unha rúa moi popular dedicada ao comercio.

Antigamente vivían na cidade vella moitos comerciantes. Este grupo organizábase en gremios, asociacións de persoas dedicadas ao mesmo oficio que comezaron a proliferar a partir do séculos XI e XII.

Dentro destes gremios existían diferentes niveis segundo a formación:

-Aprendiz: era o nivel máis baixo dentro do gremio. Os aprendices entraban no taller aos sete anos e permanecían nesta situación até os catorce. As súas tarefas consistían fundamentalmente en facer recados e obedecer as ordes dos seus mestres.

-Oficial: era o nivel intermedio. A este nivel podían chegar os que pasaban un exame ou proba que lle facía o mestre.

-Mestres: era o nivel máis alto dentro do gremio. Estes acollían os aprendices e ensinábanlles o labor que tiñan que desempeñar, ademais de lles proporcionaren unha alimentación e un teito.

8