I+D Media 3.0 A Coruña Edad Media Proyecto I+D Media A Coruña Edad Media | Page 24

Un día con Sancha

Un conto do medievo

24

O sol saía no ceo da cidade de A Coruña nun luns de 1412 e un forte son espertaba, como cada mañá, a Sancha. O estrondo viña da parte de abaixo da casa onde o seu pai,Fernades, traballa duramente como mestre do gremio de zapateiros.

Todos os días, o mesmo ruído dende o taller indica a Sancha que é o momento de erguerse e comezar o novo día almorzando na cociña. Son xa as 7:30 e a nai de Sancha, Ximena, apura a súa filla para que vaia mercar a praza da Fariña.

Sancha, alegre e cantaruxando, atravesa a rúa Zapatería saudando os aprendices e oficiais que traballan nas casas-taller da rúa.

Son as 9:00 e, como de costume, a nosa protagonista chega tarde. Non hai reloxos nin alarmas pero as campás da Igrexa de Santiago marcan os seus horarios. Xa dentro do balbordo da Praza da Fariña escoitábase:

-30 reais de vellón polas patacas!!!

-50 reais de vellón pola saca de fariña!!

Voces, pedidos, prezos, postos de venda, xente... A vida no mercado da cidade!!! Unha vez á semana alí atopábase Sancha e, unha vez á semana, os seus oídos prestaban atención ás historias sobre reis, cabaleiros e batallas que se podían escoitar en medio de tanto barullo. Entre todas, unha lenda repetíase case todas as semanas: a dun rei, Alfonso XI, que vencera na batalla das Navas de Tolosa e fundara a súa cidade co nome de Crunia.

Eran as 11:00 e rapidamente corría a mañá. A Igrexa de Santiago dicíalle a Sancha que lle quedaban poucos toques de campá para reunirse coa súa nai. A Igrexa de Santiago era o reloxo da nosa protagonista pero tamén un dos seus lugares favoritos. Cantas horas pasaba mirando o seu rosetón e aos raios que o atravesaban iluminando o seu interior.

De novo, outro toque de campá e unha carreira ate a praza onde se atopa a capela dedicada a Santa Bárbara. Contaban as lendas que Santa Bárbara coidaba que a paz se mantivese nos matrimonios.

Tocaba xa o mediodía, nai e filla baixaban pola rúa Zapatería para comer co seu pai na casa taller. Despois de comer e co sol quentando no firmamento, Sancha camiñaba polas desordenadas rúas da cidade para saír da muralla que a protexía. Fóra da muralla atoparíase na Colexiata de Santa María do Campo co seu amigo Nuno. Cantas horas pasaban xuntos diante da porta da igrexa imaxinando e xogando a defender a cidade dende a muralla dos ataques de viquingos e sarracenos: espadas, arcos, escudos e catapultas listas para vencer aos inimigos!!!.

Outra vez as campás pero agora avisaban de que o día remataba para Sancha e a cidade pero mañá repicarían que outra aventura comezaba.