I+D Media 3.0 A Coruña Edad Media Proyecto I+D Media A Coruña Edad Media | Page 13

A cidade medieval

13

Un recuncho máxico

A Praza das Bárbaras é unha praza situada na Cidade Vella da

Coruña na que se atopa un convento das Clarisas fundado por Alejandro VI. Declarada conxunto histórico-artístico o 11 de marzo de 1971, trátase dun convento fundado no século XIV e posteriormente integrado na obediencia franciscana. Tempo atrás, alí, existiu unha capela dedicada a Santa Bárbara.

Confórmana dous muros exteriores do Convento das Madres Clarisas, está adornada con acacias e conta cun cruceiro no centro. Este convento construíuse sobre unha capela do século XV e foi reformado en 1613. Sobre a porta de entrada colocouse un baixorrelevo, que puido pertencer a un baldaquino ou a un sartego gótico do século XIV, que representa a peregrinación como unha das vías penitenciais para a salvación. Mostra o Xuízo Final e está presidido pola Trindade; o Pai Eterno sostén o Cristo crucificado, acompañado pola lúa e o sol. Á esquerda, o arcanxo San Miguel pesa as almas de peregrinos e monxes que van chegando pola dereita, entre árbores. Á dereita aparecen San Miguel e un dragón. No interior, outro relevo (pertencente tal vez á capela primitiva) mostra a Santa Catarina e a Santa Bárbara.

É recomendable visitar esta igrexa en horarios de misa, 7:15, xa que é o único horario en que está aberta a público, tanto festivos como días laborais. Actualmente este convento está habitado polas monxas Clarisas. É unha visita moi aconsellable debido a que se dise que a visita ao convento é "máxica", sen lugar a dúbida é un lugar imprescindible para visitar.