I+D Media 3.0 A Coruña Edad Media Proyecto I+D Media A Coruña Edad Media | Page 10

A Colexiata de Sta. María

A cidade medieval

10

A que estaba fora

A Colexiata, como é comunmente coñecida esta igrexa, foi unha das parroquias máis importantes da zona e recibiu o seu nome talvez por se encontrar no exterior das murallas da cidade nun principio.

Declarada de Interese Cultural en 1931, actualmente é un dos maiores atractivos do casco histórico coruñés.

A Colexiata está situada na cidade vella da Coruña, na Praza de Santa María.

Esta igrexa presenta un estilo románico-gótico, característico dos séculos XII e XIII.

Como elementos góticos podemos destacar o rosetón no medio da fachada principal e as vidreiras que atopamos nas fiestras dos laterais; como elementos do románico distínguense a súa forma maciza e un reducido número de fiestras estreitas e pequenas.