A Rúa Zapatería
A Rúa Zapaterías está situada na Cidade Vella de A Coruña. Nela atopábase o gremio máis importante na venda de zapatos. De aí o seu nome.
Todos os zapateiros da Coruña estaban agrupados no gremio e confraría de Santa María, que velaba polos seus intereses materiais e espirituais.
O seu traballo estaba regulado polos usos e costumes tradicionais recollidos nas ordenanzas. Nelas establecíase, entre outras cousas, que só podían exercer este oficio e vender calzado os veciños que pertencesen a dito gremio e pagasen as taxas e impostos.
Pero estes privilexios víronse ameazados en 1434, cando algúns artesáns forasteiros, que non eran veciños nin confrades do gremio, se entremeteron e comezaron a facer e vender zapatos na zona. Así o fixeron constar no documento en que pediron protección e remedio ás autoridades. O 5 de abril de 1434, o concello coruñés acordou prohibir a venda de calzado a forasteiros.
Un gremio é unha agrupación de persoas que comparten un mesmo oficio, neste caso, a venta de calzado. Os gremios, aparecidos nos séculos XI e XII, tiñan por obxectivos controlar as actividades comerciais, a calidade dos produtos e o prezo dos mesmos. Así buscaban a igualdade de ganancias de todos os comerciantes, observaban a calidade do produto en venta e propuñan un prezo para os mesmos.
Os gremios de comerciantes adquiriron privilexios e poderes xudiciais e lexislativos nas cidades. Os gobernantes das grandes cidades como Venecia, eran delegados dos gremios.
Os gremios dividíanse en tres niveis dentro do taller:
1. Aprendiz: estes eran o máis pequenos dentro do taller, entraba aos 7 anos deixaban o gremio os 14 anos.
2. Oficial: era o nivel intermedio dentro do taller. A este nivel accedíase despois dunha especie de “exame”.
3. Mestre: este era o nivel máis alto no taller. Acollía os aprendices e proporcionáballes comida e un fogar.
A Rúa Zapaterías é un lugar que non se pode deixar sen ver cando se visita a cidade. É una zona emblemática por estar no núcleo vello da cidade e ten a súa historia e importancia para o comercio e a actividade económica local.
8
A cidade medieval