A cidade medieval
4
A Rúa Alfonso IX
A Rúa Alfonso IX atópase entre a Praza Maria Pita e a Praza de Azcárraga, na cidade vella de A Coruña.
Alfonso IX naceu en Zamora o 15 de agosto de 1171 e morreu en Villanueva de Sarria o 24 de setembro de 1230.
Foi un monarca que axudou moito a Galicia, entre outras cousas, porque foi quen outorgou Foros a varias cidades.
Á vila de A Coruña outorgoulle o "Foro de Benavente", co fin de refundala e repoboala, xa que a vila sufrira moitos ataques viquingos que obrigaron á xente a trasladarse ao Burgo.
Alfonso IX concédelle ás persoas o privilexio de desembarcar e vender sal sen pagar impostos. Isto trouxo prosperidade á vila mediante a reactivación do mercado marítimo.