Un lugar moi entrañable
A chamada «Praza das Bárbaras», situada na Cidade Vella, é, sen dúbida, un dos recunchos máis entrañables para os veciños desta.
Alberga un vello convento do século XV, chamado «de Santa Bárbara», e é ocupado hoxe por monxas de clausura da orde das Clarisas, integradas na obedencia franciscana.
Unha antiga lenda conta que era costume que as noivas levasen unha ducia de ovos ao mosteiro, acompañados cunha nota que indicaba o lugar, a data e a hora da súa voda, coa fin de que non chovese no día do seu casamento e así poderen celebralo ao aire libre. Por isto, na actualidade, son moitas as parellas que, antes do seu casamento, cumpren coa tradición e levan unha ducia de ovos ao mosteiro.
Existen moitas máis ágoras, pero, sen dúbida, a Praza das Bárbaras é unha especie de corazón antigo da cidade.
Constituída por dous muros exteriores do mosteiro, conta cun cruceiro no medio. Ademais, sobre a porta de entrada, colocouse un bajorrelieve que puido pertencer a un baldaquino ou a un sartego gótico do século XIV.
O relevo está feito en pedra e representa o Xuízo Final, presidido pola Trindade coa figura do Pai Eterno sostendo a figura do Cristo Crucificado entre a lúa e o sol. A esquerda o arcanxo San Miguel pesa coa súa balanza as almas dos que van chegando pola dereita: peregrinos, monxes e outras pequenas figuras entre árbores. Do lado de San Miguel, aparece a cabeza ameazante do dragón infernal.
Na imaxe representada apréciase algo de movemento, a diferenza da falta de expresión nas súas caras. O contraste entre luz e sombra proporciónalle profundidade ao relevo.
Na porta de acceso á capela, atopamos un tímpano cun relevo da Virxe e o Neno Xesús.
A cidade medieval
13