Hábitos saudábeis Hábitos saudábeis | Page 12

Hixiene

Podemos definir a hixiene persoal como o conxunto de accións que realiza unha persoa ao longo do día para manterse limpo e aseado. Toda esta serie de actuacións, deben de realizarse todos os días, é moi importante ter unha rutina. O estar limpo e aseado é algo bo para a túa saúde tanto corporal como mental. Por exemplo, o baño pode ser algo moi relaxante que che axude a liberar tensións despois dun duro día.

É un dos pilares fundamentais da saúde e por iso se debe ter sempre controlada. Hai diferentes apartados dentro da hixiene persoal, pero todos eles son igual de importantes, se te mantés limpo e cunha hixiene persoal adecuada, manteraste san.