Outra das obras que máis enigmas oculta é A última cea, que foi un cadro realizado entre o 1495 e 1498. Fíxoa Leonardo da Vinci e agora encóntrase no convento de Santa María delle Grazie.
Neste cadro pódense encontrar mensaxes ocultas sobre a relixión, que sorprenderon aos seus estudosos.
Na obra están sentados á mesma mesa Xesús e os doce apóstolos. Primeiro ímonos fixar en Tadeo, o penúltimo da dereita, que se parece a Leonardo. O máis curioso e que se encontra de costas a Xesús
Segundo a Biblia, a cea era entre Xesús e os doce apóstolos antes da súa morte, pero á esquerda de Xesús, vese unha muller, que é María Magdalena.
Como se non foran poucos os segredos ocultos en contra da igrexa, o apóstolo da dereita é unha copia do busto de Platón, que estaba mal visto polo catolicismo.
Moitos cren que o apóstolo Tomás era o xemelgo de Xesús, e ao parecer, Leonardo tamén o cría, simplemente nos temos que fixar no home da dereita de Xesús, o da vestimenta verde; non cres que se parecen?
7