AS PINTURAS MÁIS MISTERIOSAS DO RENACEMENTO
Ao longo do Renacemento, realizáronse numerosas obras moi realistas, detalladas e de gran beleza; algunhas delas presentan tamén rasgos misteriosos que aínda que se levan estudando dende a Idade Moderna, non se resolveron.
O ETERNO DA VINCI
Unha das obras por excelencia do RenacementO foi A Gioconda, unha pintura realizada por Leonardo da Vinci entre o 1503 e o 1519. Actualmente, sitúase no museo Louvre. Neste cadro ocúltanse moitos misterios:
Unha das incógnitas máis misteriosas é a identidade da muller retratada, que aínda se descoñece. Algunhas das teorías máis aceptadas apuntan a que podería ser Lisa Gherardini, a muller do comerciante italiano Francesco Bartolomeo de Giocondo; ou incluso un autorretrato do propio artista con trazos femininos.
Outro dos grandes enigmas desta obra é o sorriso da Gioconda, pois dependendo do ángulo do que se mire, parece que está sorrindo ou seria. Este efecto foi denominado “o sorriso inalcanzable”.
Tamén é moi misteriosa, á vez que inquietante, a mirada da Mona Lisa, porque parece que che segue alá onde vas e que che mira desde calquera ángulo.
Alba N. e Nerea R.
5