Como fixeches para conseguir tanto mármore?
- Despois de moita quedada, atopei un bloque de mármore que levaba máis de corenta anos abandoado nos talleres do Duomo de Florencia. Aquel día transportando este mesmo bloque, levamos un pequeno susto, xa que por un só momento chegamos a pensar que non podían con él os cabalos. Bo material á mármore, é moi duro e pódese traballar ben na escultura sen que sexa fácil desbastar máis material do necesario. Ademais pódese imprimir moito detalle nel.
Como fixeches para facer que esta escultura poida ser admirada dende distintos puntos de vista?
- As esculturas que se facían de aquí a uns anos atrás (e mesmo moitas hoxe en día) estaban feitas para ser admiradas sempre dende fronte. Penso que a realidade é máis complexa que un só plano, de xeito que para esta escultura, e outras máis que farei, quixen facer que as persoas se movan arredor da peza para apreciar toda a súa beleza e significado.
A parte do David, que obra túa destacarías?
Logo do David, a máis coñecida foi a Madonna da escaleira, o cal me sorprendeu xa que tardei moito menos en facela que o David, nel tardei tres anos máis ou menos,pero en facer a Madonna da escaleira, ou a virxe da escaleira (que é a mesma obra),tardei un ano. Se teño que escoller algunha, penso que me decantaría polo Moisés, aínda que o grupo escultórico que tiña pensado quedou sen rematar.
E a túa obra pictórica favorita?
Aquí non teño moitas dúbidas... a Capilla Sixtina, en concreto as esceas do Xuizo Final. Aínda que tamén teño que dicir que eu non son pintor... ante todo, escultor.
Tardei catro anos de solitario traballo en rematar esa obra, pero penso que captei o que se me pedía, e algunha cousa máis que se lle escapou ao Papa (rise). Pero mira, para que vexas que os artistas sempre estamos adiantados ao noso tempo; pintei as figuras espidas, e a institución eclesiástica, anos despois, contratou a outro pintor para que cubrise esas figuras con roupas. Xa se sabe, a modernidade non é sempre ben aceptada...
41