Historia. Estudamos o pasado; Cambiamos o futuro Xaneiro 2020 | Page 40

ENTREVISTA A MIGUEL ANXO, O ARTISTA RENACENTISTA

Bos días Miguel, ante todo moitas grazas por atendernos e conceder esta entrevista á nosa publicación.

-Un pracer responder as túas preguntas Noa.

Gustaríame comezar a entrevista aludindo a túa gran fama por toda Europa, sen dúbida influiches moito en artistas tanto contemporáneos coma posteriores…

-A verdade e que me debo ao meu arte, e alégrome polos que poidan ter aprendido da miña obra.

Antes de preguntarche por unha das túas obras máis icónicas, como levas esa fama? xustificada por outra banda.

-Realmente tento vivir afastado diso. Traballo no meu taller case todo o día, pois afastado da sociedade atopo a miña inspiración.

E faltando diso...cal foi a tua inspiración para facer a obra do “David”?

-Inspireime nos responsables da Opera do Duomo,cando eles fixeron doce grandes esculturas de personaxes do antigo testamento que se colocaron nos contrafortes externos no ano 1501.

Cales son os materiais que utilizaches para esta escultura?

-Tras unha gran selección de materiais, decidinme polo mármore,xa que é unha derivativa da pedra calcaria,que é unha das mais fortes e resistentes.E ademais era o material que utilizaban por excelencia os gregos.

Escultor, arquitecto e pintor, aínda que él mesmo di da súa persoa "eu son escultor". Miguel Anxo é unha das figuras máis importantes do panorama artístico renacentista, maestro de maestros.

Noa T.

39