Un cancro de útero rematou con Isabel «la Católica», a raíña máis poderosa do seu tempo. A castelá é a proba do que o poder e as responsabilidades excesivas, tampouco axudaron as infidelidades do seu marido, desgastan o nivel físico. Á súa morte, con 53 años, a Reina aparentaba moita máis idade da que tiña.
Isabel de Trastámara levaba reinando en Castela durante trinta esgotadores anos cando lle alcanzou a morte en Medina do Campo no 26 de novembro de 1504, despois de superar numerosas dificultades, guerras contra os partidarios de Juana «la Beltraneja» mediante. No momento da súa morte, os obstáculos do reinado e a súa insistencia por desprazarse sempre montada a cabalo polos lugares do reino, afectáronlle gravemente a súa saúde, tanto a nivel físico como psicolóxico –sobre todo a raíz da prematura morte dos fillos e un neto en torno a esas datas–. Según os síntomas descritos polas fontes da época, a Castelá morreu dunha hidropesía (retención de líquido nos tecidos) a consecuencia probablemente dun cancro de útero.
Fernando Finou en Extremadura, aos 63 anos de idade, cando ía asistir á capitulación das ordes de Calatraba e Alcántara no mosteiro de Guadalupe. Alí sufuíu unha hemorraxia celebral, posiblemente causada polo consumo de cantarina e outros produtos, coma os testículos de touro, elementos afrodisíacos e destinados a favorecer que o monarca fose máis fértil.
De ter outro fillo, a historia tería cambiado bastante. Neste caso, todas as súas posesións foron herdadas pola súa filla Juana, que ao estar inabilitada para a gobernabilidade, favoreceu as rexencias de Cisneros e Alonso. Ao chegar Carlos (fillo de Juana e Felipe I de Habsburgo) á maioría de idade, acumularía na súa persoa no só a coroa de Aragón e a de Castela, senón tamén as posesións en Italia, Austria, Flandes e América.
36