Historia. Estudamos o pasado; Cambiamos o futuro Xaneiro 2020 | Page 32

NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL, HITLER AMEAZA AS ILLAS BRITÁNICAS

A operacion León Mariño foi un plan alemán para invadir gran bretaña durante a segunda guerra mundial. A invasión non se materializou aínda que os seu preparativos foron moi intensos e a ameaza de invasión mantívose bastante tempo, primeiro para manter a presión psicolóxica sobre o pobo e o goberno británico para logo cubrir os plans de ataques alemáns contra a Unión Sovietica.

O plan mencionouse por primeira vez nunha reunión o 21 de Maio de 1940, aínda que a Kriesgmarine estudara a invasión xa en novembro de 1939 (plan noroeste) según as ordes do gran almirante Erich Reader datadas no xornal de guerra do mando Kriegsmarine o 15 de novembro de 1939.

Finalmente, en xullo de 1940 os alemáns pasan á ofensiva. Para poder invadir a illa, é preciso primeiro asegurar o espazo aéreo de modo que os buques alemáns poidan transportar os efectivos a Inglaterra, polo que comeza a Batalla de Inglaterra, na que se enfrontaron a RAF (Royal Air Force) e a Luftwaffe. Os alemáns non puideron derrotar as forzas aéreas británicas.

Despois dos novos aprazamentos en setembro de 1940, o 12 de outubro o plan é cancelalo por unha nova Directiva Fuerh, ao destacar que durante a operación invernal León Mariño permanecería só como como unha medida para exercer unha presión política contra Inglaterra, anunciando que na primavera de 1941 volveríase a analizar se o dispositivo de invasión tivese que estar completamente activado.

Os plans da invasión de Rusia e o inicio da mesma fan que os plans de invasión sexan pospostos de novo ata 1942 ano no que finalmente é abandonado por Alemaña. En concreto 13 de febreiro de 1942.

31