Historia. Estudamos o pasado; Cambiamos o futuro Xaneiro 2020 | Page 29

FELIPE II enfróntase a ISABEL I

Antes de que empece a falar da contra-armada vouvos a poñer en contexto con que pasou antes.A aramada foi un ataque da Monarquía Hispánica para invadir Inglaterra pero non conseguiron o cometido xa que unha tormemnta afundiu os barcos de Castilla.

Só un ano despois de que a chamada Armada Invencible de Filipe II se estrelase na costa británica, tivo lugar un contraataque inglés, a Contra-Armada, con varias baixas e barcos mobilizados similares ao caso español

A Contra-Armada foi un intento de contraataque por parte dos ingleses para intentar causar contratempos a monarquía hispánica, pero acabou fracasando por varios motivos. Por unha banda, as costas peninsulares estaban ben defendidas (coma Vigo, A Coruña ou Cádiz) e tamén se contaba cunha flota importante aínda que non tan potente coma antes de 1588.

Isaac- F.

INGLATERRA; INVENCIBLE?

Albión en grego antigo, o nome da illa que moitos tentaron conquistar e poucos tiveron éxito. A invasión romana tivo que deterse na época de Adriano e construir un muro que separase a Roma dos pictos. Guillermo I o lograría en Hastings no ano 1066. Despois, xa co reino inglés constituido, este debería soportar tres famosos intentos de conquista.

28