FESTA DA REVOLTA IRMANDIÑA EN MOECHE
Esta festa iniciouse no 1980 como un festival de música celta pero co paso dos anos foise convertindo nun festival cun marcado sentido histórico e cultural con:exposicións de artesanía,xogos populares,talleres infantis e actuacións de grupos famosos de folk.
Esta historia conmemora e reivindica o movemento irmandiño surxido en 1431 cando os vasallos do rei Andrade,que estaban liderados polo rei xordo,levantaronse contra o seu señor Núñez Freire Andrade polos abusos cometidos contra o pobo.
O evento terá lugar no castelo de Moeche nas xornadas do 16 ao 18 de Agosto.
Actividades paralelas
Ademais, os actos festivos e culturais sucederon ao longo do día. Manel Skull, autor do cómic Os Lobos de Moeche, participou no festival coa firma de exemplares da súa obra. A exposición Festival Irmandiño: Mostra de etnografía e manualidades tradicionais, reuniu a decenas de visitantes que coa música de fondo de Angelus Maraens gozaron do espectáculo na modesta fortaleza.
E como en calquera festa que goze de catas gastronómicas, volveron reunir centos de comensais ao redor da mesa. Ao mediodía, unha sardiñada cargou as pilas aos asistentes. A organización tamén ofreceu actividades para nenos con obradoiros, competicións e xogos populares.
14