A PINTURA FLAMENGA
Pero o Renacemento non só estivo presente en Italia; por exemplo esta pintura, titulada o matrimonio Arnolfini foi realizada por Jan Van Eyck, un importante artista da pintura flamenga, no ano 1434. Agora atópase na Galería Nacional de Londres. Este retrato presenta numerosos obxectos que para moitos son insignificantes, pero que en realidade son simbólicos.
Por exemplo, o can situado entre o home e a dama representa a fidelidade e o amor.
A lámpada de araña que colga do teito ten unha das velas acendidas, o cal simboliza a Cristo, que todo o ve e que está presente durante a unión do matrimonio.
A pequena estatua feita en madeira que está na cadeira da dereita
representa a Santa Margarita, a patroa dos partos, o que lle daría
credibilidade á hipótese de que a muller estaría embarazada.
No espello que está situado na parede do fondo, se nos fixamos ben,
podemos distinguir o reflexo de catro figuras: o matrimonio e outras dúas figuras que non se sabe con exactitude quen son. A maioría dos estudosos afirman que sería o propio Jan Van Eyck e o sacerdote.
11