Guía de Nadal de 3º a 6º Folleto Nadal 2 e 3º ciclo 2017 | Page 7

Para papás e mamás, tíos, avós e demais familia El señor Lambert - Jean-Jacques Sempé - Blackie Books. Un libro ilustrado para adultos. Bastantes sinsabores nos dá a política e a selección de fútbol. Os clientes van chegando , discuten, marchan... pero o señor Lambert non aparece. Terá un problema? Algúns desgusto? Ou volveu a enamorarse?  Tea Rooms . Luísa Carnés - Edit. Hojadelata. A autora foi unha da coñecidas co nome de las “sinsombrero”, un grupo de mulleres que loita pola dignidade do seu xénero, máis ou menos o mesmo que as protagonistas deste magnífico libro. O neno mariñeiro - Bernardino Graña - Xerais. Un libro cun inéquivoco ton autobiográfico do recoñecido  autor que resultará familiar e mesmo emotivo para moitos lectores. Maus — Art Spiegelmann - Rinoceronte. Valéndose de ratos e gatos, o autor  narra a historia de seu pai e do holocausto que os nazis protagonizaron a mediados do sécilo XX. Un clásico da banda deseñada Tras o rastro do Santo Cristo de Maracaibo — John Stauffer Potter- Rinoceronte. Nos  anos cincuenta un grupo de mergulladores chegan á Ría de Vigo coa intención de recuperar o tesouro da batalla de Rande. A busca convertirase nunha aventura na que os mariñeiros desta zona teñen a súa participación.  Invierno en Viena — Petra Hartlieb - Siruela. Marie traballa de niñeira para Arthur Schnitzler e recibe o encargo de recoller un pedido nunha librería. Alí deslumbrará ao libreiro que lle enviará unha nota porque espertou nel o desexo de volver a vela