Guía de Nadal de 3º a 6º Folleto Nadal 2 e 3º ciclo 2017 | Page 7
Para papás e mamás, tíos, avós e demais familia
El señor Lambert - Jean-Jacques Sempé - Blackie
Books. Un libro ilustrado para adultos. Bastantes sinsabores nos
dá a política e a selección de fútbol. Os clientes van chegando ,
discuten, marchan... pero o señor Lambert non aparece. Terá un
problema? Algúns desgusto? Ou volveu a enamorarse?
Tea Rooms . Luísa Carnés - Edit.
Hojadelata. A autora foi unha da coñecidas co nome de las
“sinsombrero”, un grupo de mulleres que loita pola dignidade do
seu xénero, máis ou menos o mesmo que as protagonistas deste
magnífico libro.
O neno mariñeiro - Bernardino Graña
- Xerais. Un libro cun inéquivoco ton autobiográfico do recoñecido
autor que resultará familiar e mesmo emotivo para moitos lectores.
Maus — Art Spiegelmann -
Rinoceronte. Valéndose de ratos e gatos, o autor
narra a historia de seu pai e do holocausto que os nazis
protagonizaron a mediados do sécilo XX. Un clásico da banda
deseñada
Tras o rastro do Santo Cristo de
Maracaibo — John Stauffer Potter- Rinoceronte. Nos
anos cincuenta un grupo de mergulladores chegan á Ría de Vigo coa
intención de recuperar o tesouro da batalla de Rande. A busca
convertirase nunha aventura na que os mariñeiros desta zona teñen a
súa participación.
Invierno en Viena — Petra Hartlieb - Siruela.
Marie traballa de niñeira para Arthur Schnitzler e recibe o encargo
de recoller un pedido nunha librería. Alí deslumbrará ao libreiro
que lle enviará unha nota porque espertou nel o desexo de volver
a vela