Guía de libros de agasallo. Nadal 2017 Folleto Nadal inf e 1º c | Page 8
Para papás e mamás, tíos, avós e demais familia
El señor Lambert - Jean-Jacques Sempé - Blackie
Books. Un libro ilustrado para adultos. Bastantes sinsabores
nos dá a política e a selección de fútbol. Os clientes van chegan-
do , discuten, marchan... pero o señor Lambert non aparece. Terá
un problema? Algúns desgusto? Ou volveu a enamorarse?
Tea Rooms . Luísa Carnés - Edit.
Hojadelata. A autora foi unha da coñecidas co nome de las
“sinsombrero”, un grupo de mulleres que loita pola dignidade do
seu xénero, máis ou menos o mesmo que as protagonistas deste
magnífico libro.
O neno mariñeiro - Bernardino Graña
- Xerais. Un libro cun inéquivoco ton autobiográfico do recoñecido
autor que resultará familiar e mesmo emotivo para moitos lectores.
Maus — Art Spiegelmann -
Rinoceronte. Valéndose de ratos e gatos, o autor
narra a historia de seu pai e do holocausto que os nazis
protagonizaron a mediados do sécilo XX. Un clásico da banda
deseñada
Tras o rastro do Santo Cristo de Maracaibo
— John Stauffer Potter- Rinoceronte. Nos anos cincuenta
un grupo de mergulladores chegan á Ría de Vigo coa intención de
recuperar o tesouro da batalla de Rande. A busca convertirase nunha
aventura na que os mariñeiros desta zona teñen a súa participación.
Invierno en Viena — Petra Hartlieb -
Siruela. Marie traballa de niñeira para Arthur Schnitzler e recibe
o encargo de recoller un pedido nunha librería. Alí deslumbrará ao
libreiro que lle enviará unha nota porque espertou nel o desexo de
volver a vela