GAELIC SPORTS WORLD Issue 16 - December 19, 2014 | Page 14

Mecos (light blue/navy) v Pontevedra (hoops). (Photo courtesy of Marcos Gañete) ao conxunto local en certas xogadas. Porén, o marcador reflectiu ben a dinámica do partido, con claro control do Pontevedra F.G., un conxunto máis veloz e potente no tiro. Victoria das pontevedresas, que se aúpan a cuarta posición da liga galega. AXUSTADA VICTORIA DO MECOS F.G. ANTE UN FORTE PONTEVEDRA F.G. PONTEVEDRA FG MECOS FG 7-08 (29) 8-06 (30) Tras o encontro feminino foi a quenda dos rapaces, nun encontro moito máis axustado e non exento de polémica. O encontro entre pontevedreses e mecos comezou moi ben para os do Grove, que conseguiron encaixar 12 puntos antes que os lo- 14 cais conseguisen estrear o marcador. Pero non todo remata como comeza, e os pontevedreses conseguiron remontar o partido para chegar ao descanso 04-02 (14) // 05-03 (18). A segunda parte máis polémica, estivo dominada polo xogo dos pontevedrese, así como tamén se tornou tenso tras a expulsión dun xogador do Mecos F.G, por acumulación de dous cartóns amarelos. Os derradeiros minutos do encontro, co Pontevedra por diante e un xogador menos, tornaron aínda máis intenso cando Robin, tras marcar un penalti, tamén foi expulsado. Porén, o mecos F.G. soubo aguantar o marcador ata o final do partido, facéndose coa vitoria por 1 punto, pero o Pontevedra amosou o seu potencial e estivo moi preto de acadar a vicotoria. Resultado 07-08 (29) // 08-06 (30).