Ficha: O curioso incidente do can a medianoite FICHA_ELCURIOSOINCIDENTEPERROMEDIANOCHE - Page 7

tan especial, implicándonos de forma intensa nos seus problemas, sentimentos e peripecias cos personaxes que lle rodean, facéndonos rir e emocionándonos a un tempo. Tamén é significativo o tributo que o autor fai á figura de Arthur Conan Doyle, o creador de Sherlock Holmes, e en especial á súa novela O can de Baskerville, á que Christopher utiliza como modelo. 6. VOCABULARIO O vocabulario utilizado por Mark Haddon é sinxelo; é este un recurso que contribúe a caracterizar ao seu protagonista. O mundo do raparigo que absorbe como unha esponxa todo o que hai á súa ao redor, cunha curiosidade desbordada, pero tamén coa súa particular percepción da realidade, é o que aparece expresado no vocabulario que é sempre alcanzable, próximo e expresa as preocupacións e observacións de Christopher. 7. ACTIVIDADES 1.Fala sobre o narrador da historia ▪ Que tipo de narrador é? ▪ Cales son as características do personaxe que fan que sexa un narrador moi especial? ▪ Unha das consecuencias do narrador elixido é que ás veces o lector comprende e sabe cousas que o personaxe non entende ou descoñece aínda. Crees que isto axuda ao lector a empatizar co personaxe? 2. Do resto de personaxes Cales destacarías? Como contribúen á historia? 3. Paréceche orixinal o argumento ou a forma de contalo? Crees que a historia che habería causado o mesmo efecto se o autor elixise, por exemplo un narrador en terceira persoa omnisciente? 4. O personaxe teñen problemas para xestionar as emocións, isto vémolo, por exemplo, cando fala da súa vida futura, na que se ve casado? como fala da súa muller? 7