Ficha: O curioso incidente do can a medianoite FICHA_ELCURIOSOINCIDENTEPERROMEDIANOCHE - Page 4

· A nai: é unha persoa que ten moi pouca paciencia con el a pesar de que lle quere moito, de maneira que prefire vivir afastada del antes que perder os nervios; con todo procura entendelo e aceptalo. En última instancia prevalecen os vínculos de sangue antes que a afinidade psicolóxica. · O pai: enténdese bastante ben con Christopher; acepta mellor as súas teimas, aínda que ás veces enfádase e aflora a ira. Coida moito do seu fillo e tenta que non lle falte de nada, darlle seguridade e que estea contento. No seu afán de hiperprotección mente ao raparigo e iso vai desencadear o conflito. · Siobha: é a mestra na escola de educación especial onde vai Christopher. Representa o respecto e a comprensión #ante persoas cunha situación especial; axuda aos nenos fomentando as súas capacidades e recursos; por exemplo, aconsella a Christopher que escriba a súa investigación que ao final será o libro que lemos. Esa actitude fai que o neno confíe nela e pregúntelle todo o que non entende ou lle desconcerta. · Wellington: é un can, o mellor amigo de Christopher. A súa propietaria é a señora Shears unha veciña súa. Ao raparigo gústanlle moito os animais e a este can tenlle un agarimo especial. Por iso cando o atopa morto proponse a atopar o seu asasino e xura non descansar ata que o consiga. · Señora Shears: foi a axudar ao pai de Christopher cando a súa nai “faleceu”. É a propietaria de Wellington. · Roger: actualmente é a parella da nai de Christopher, aínda que antes foi o marido da señora Shears, pero separáronse porqué el empezou unha nova relación coa nai de Christopher. · Toby: Christopher adora aos animais, por iso como mascota ten a Toby, un rato. É de cor branca cunha pequena mancha de cor marrón nas costas. Tenlle moito aprecio e cóidao moito. Tempo Aínda que o tratamento do tempo que se fai na novela é lineal, en canto á ordenación dos acontecementos, o autor xoga con saltos cara atrás que obedecen ao pensamento do neno-narrador. Nun momento dado Christopher lembra un acontecemento ou algo ad hoc co que está a ocorrer, e non expresa con absoluta liberdade e coherencia, a propia da liberdade do pensamento e os recordos que en ocasións son caóticos e non se someten a unha regra estrita. En calquera caso os feitos nárranse como algo pasado, aínda que tamén aparece o presente que corresponde ao momento cronolóxico desde o que Christopher conta a súa historia. 4