Neste ano 2015 celébrase o Ano Internacional da luz. Nós,
nenos e nenas de infantil e de primaria, quixemos ir todos xuntos
da man nunha investigación conxunta arredor do abraiante e
variado mundo da luz. “As viaxes da luz” foi o título escollido para
o noso Proxecto Documental integrado, que vimos desenvolvendo
neste curso. Nel tratamos de
pescudar nos aspectos científicos e
socioculturais da luz dende distintos eidos: a natureza, a física, a
historia, a literatura, a tecnoloxía...
Entre todos
fixemos un pequeno percorrido tratando de
entender qué e a luz e como funciona nas nosas vidas. O traballo de
cada aula axudounos a asomarnos a ese complexo mundo e a ollalo
dende puntos de vista
moi diferentes. Cada un é unha pequena
parceliña que completa ás demais, pero en tódolos casos levando
adiante o método científico e unha aprendizaxe vivencial.
Neste xornal monográfico queremos deixarvos ver un chisquiño
de todo o que estivemos facendo. Isto é só unha pequena mostra do
traballado, o espacio non da para mais. Todo o demais teredes que
i-lo descubrindo pouco a pouco na boca dos vosos fillos e fillas, no
cole que xa está cheo dos nosos traballos e próximamente no noso
blogue.
Non é casualidade que ésta tirada do Don Moucho saia do prelo
nestas datas das Letras Galegas. A ciencia, -a ciencia en galego-,
empeza dende abaixo, tamén nas nosas aulas.
2