Documentos aprobados pola Asemblea Constituínte de Estudantes sen Futuro. Asemblea Constituínte ESF | Page 33
Asemblea Constituínte de Estudantes Sen Futuro
"Tecendo na unidade o movemento estudantil"
Estudantes sen Futuro ante a imputación das 11 estudantes da USC (11 de xuño)
O pasado 11 de Xuño, 11 estudantes da USC foron denunciadas por irrumpir o Consello
de Goberno nunha movilización impulsada por varias asociacións estudantís.
Dende a Asemblea Constituínde de EsF queremos denunciar a complicidade entre a
seguridade privada da Universidade, o reitor, o equipo de gobernó e as forzas de
seguridade do Estado que buscan silenciar ó estudantado combativo e concienciado
cunha extratexia represiva, de criminalización que trata de manipular a opinión pública.
Poderán cortar todas as flores, pero nunca deterán a primavera!
Estudantes sen futuro ante a posible agresión a Siria.
A Asamblea Constituínte de EsF condena as agresións que está a sufrir o pobo sirio por
parte das grandes potencias a nivel mundial.
Así mesmo, condeamos a desunión que están a demostrar as forzas políticas e sociais do
país á hora de dar una resposta contundente ós ataques imperialistas.
A Asamblea Constituínte chama o conxunto do estudantado a loitar contra a guerra en
Siria apoiando todas as mobilizacións convocadas con este motivo especialmente ás que
teñan carácter unitario.
Basta xa!
Non ó imperialismo!
Non á guerra en Sitia!
Ata sempre compañeiras!
Un día de abril de 2011 nacía Estudantes sen Futuro. Dende entón, foron moitas as
persoas que participaron neste ilusionante proxecto dispostas a defender un ensino
digno.
Todas as que ficamos en ESF estamos en débeda con esas persoas. Esa xente que
deu o mellor de si para defender a xusta causa que nos une.
Por iso, hoxe queremos facerlles esta humilde homenaxe e despedilas a berro de:
Ate sempre compañeiras!
Vémonos na loita!
Gracias!
33