Documentos aprobados pola Asemblea Constituínte de Estudantes sen Futuro. Asemblea Constituínte ESF | Página 31

Asemblea Constituínte de Estudantes Sen Futuro "Tecendo na unidade o movemento estudantil" Artigo 27. Convocatorias. A Coordinadora Nacional reúnese unha vez ó mes convocada pola responsable nacional correspondente tendo que ser esta convocatoria enviada xunto con toda a documentación a debate na reunión cunha antelación de 5 días. Artigo 28. Composición. Os representantes elixidos polas Asembleas Xerais de cada comarca pasarán formar parte da Coordinadora Nacional. En caso de non poder asistir a unha xuntanza da coordinadora algunha responsable comarcal, poderase elixir a unha persoa para que a substitúa. Das decisións tomadas pola Coordinadora Nacional serán responsables todas as súas integrantes nomeadamente as compañeiras que ostenten algunha responsabilidade. As responsabilidades individuais dentro da Coordinadora Nacional estarán recollidas nas Teses Organizativas. Sección VII: Das Comisións de Traballo Artigo 29. Definición. Poderán ser constituídas por acordo da Asemblea Nacional ou a Coordinadora Nacional comisións de traballo que terán como obxectivo desenvolver unha determinada tarefa repartindo os esforzos derivados desta entre todas as estruturas de Estudantes sen Futuro. 31