Documentos a debate na I Asemblea Nacional de Estudantes sen Futuro Documentos a debate na I Asemblea Nacional de ESF | Page 29
I Asemblea Nacional de Estudantes sen Futuro
Rebeldía, Unión, Vitoria.
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
Así mesmo, a Coordinadora Nacional saínte deberá render contas ante o resto da
organización mediante a presentación dun Informe de Xestión que será aprobado coas
modificacións aportadas por cada estrutura de base.
Por último, procederase á elección das membras permanentes da seguinte Coordinadora
Nacional.
Sección VI: Da Coordinadora Nacional.
Artigo 23. Definición e funcións.
Sen entrar en contradición co carácter asemblear e democrático do noso movemento,
establecemos a creación dun órgano encargado de coordinar o traballo e tomar decisión
a nivel nacional entre as Asembleas Nacionais: a Coordinadora Nacional.
A Coordinadora Nacional ten como deber a aplicación dos acordos emanados das
Asembleas Nacionais así como a elaboración de documentos a debate nas asembleas de
base.
Artigo 24. Convocatorias.
A Coordinadora Nacional reúnese unha vez ó mes convocada pola responsable nacional
correspondente tendo que ser esta convocatoria enviada xunto con toda a
documentación a debate na reunión cunha antelación de 5 días.
Artigo 25. Composición.
Os representantes elixidos polas Asembleas Comarcais pasarán formar parte da
Coordinadora Nacional.
En caso de non poder asistir a unha xuntanza da coordinadora algunha responsable
comarcal, poderase elixir a unha persoa para que a substitúa.
Das decisións tomadas pola Coordinadora Nacional serán responsables todas as súas
integrantes nomeadamente as compañeiras que ostenten algunha responsabilidade.
As responsabilidades individuais dentro da Coordinadora Nacional estarán recollidas nas
Teses Organizativas.
29