Documentos a debate na I Asemblea Nacional de Estudantes sen Futuro Documentos a debate na I Asemblea Nacional de ESF | Page 15
I Asemblea Nacional de Estudantes sen Futuro
Rebeldía, Unión, Vitoria.
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
1. A Organización e os seus principios organizativos
Estudantes sen Futuro é unha organización estudantil de carácter sindical, democrático,
amplo, aberto e asemblear que xorde ante a necesidade de artellar a loita e o
movemento estudantís nos centros educativos de Galiza como única vía posible para
frear os ataques á educación pública. (Estudantes sen Futuro eríxese como estrutura
estudantil permanente). Fronte aos movementos asemblearios de marcado carácter
temporal e de feble constitución orgánica, Estudantes sen Futuro é un proxecto que
pretende superar as debilidades destes mantendo a amplitude, a democracia e a
combatividade que os distingue; á vez que dota ao estudantado de ensino medio de
Galiza dunha estrutura sindical de seu, capaz de dar resposta tanto aos seus problemas
cotiáns como ás ofensivas neoliberais contra a educación pública e os dereitos da
mocidade, así como de organizar ao estudantado dos institutos en torno á loita por unha
educación do pobo e para o pobo. Así, tamén entendemos como capital a cuestión de
xénero, transversalizando o noso discurso feminista non só nos posicionamentos
ideolóxicos senón tamén na nosa práctica diaria e no noso proceder organizativo,
construíndo as ferramentas necesarias para o empoderamento das mulleres e a loita
contra o patriarcado.
Estudantes sen Futuro non se trata dun proxecto definitivo nin último, a evolución deste
deberá traer consigo unha confluencia con outras organizacións estudantís galegas con
vistas á creación dun sindicato estudantil galego que comparta os nosos principios e
posicións, tanto organizativos como ideolóxicos. Asemade, dende Estudantes sen Futuro
vemos fundamental a coordinación do noso proxecto de sindicato co movemento
estudantil e obreiro a nivel estatal, así como a colaboración, formación e integración
nun proxecto sindical estudantil amplo e estatal que dea ás nosas loitas un carácter
sólido e cohesionado, en definitiva; unitario.
Por isto, Estudantes sen Futuro participa activamente e é parte integrante da rede
organizada "Estudiantes en Movimiento", coa cal comparte principios, análises e a
maioría de posicionamentos e en cuxo seo traballa concienciadamente a prol da unidade
das loitas estudantís de todo o Estado. Nesta liña, a nosa organización ve fundamental a
coordinación coas outras organizacións estudantís galegas que integran Estudiantes en
Movimiento así coma organización obreiras, traballando conxuntamente sempre que sexa
posible e desexable, co obxetivo de que o movemento estudantil sexa cada vez máis
forte e visible en Galiza.
Para facer posible o proxecto de organización estudantil anteriormente exposto,
Estudantes sen Futuro dótase duns principios político-organizativos que conserven e
fagan valer o espírito da organización e impriman a todo o seu traballo o selo de
democracia e combatividade que a caracteriza. Estes principios son:
• Democracia: Entendendo a nosa organización como un espazo aberto á participación
do groso do estudantado e establecendo as canles para que as membras sexan plenas
partícipes das decisións e posturas asumidas de xeito que toda a nosa estrutura
organizativa se someta á vontade e ratificación das bases.
15