REVOLUCIÓN DOS CRAVOS
O levantamento militar do día 25 de abril de 1974, denominado Revolución dos Cravos (en portugués: Revolução dos Cravos), derribou, nun só día, o réxime político que existía en Portugal dende 1926 (coñecido dende 1933 como Estado Novo) e que era o máis lonxevo de Europa, sen grande resistencia das forzas leais ó goberno, que cederon perante o movemento popular, que rapidamente apoiaron ós militares.
A revolución debe o seu nome á reacción popular, que repartiu cravos ós soldados e estes puxéronnos nos canóns das súas armas, simbolizando o seu apoio á revolución.
25 de ABRIL