ENTROIDO
A festa do Entroido ten unha gran relevancia en Galicia existindo numerosos personaxes en tódolos currunchos da nosa xeografía.
É un tempo de grandes festas de máscaras e pantagruélicas comidas. No Entroido perden a súa vixencia os valores e normas do resto do ano, todo está permitido .
En fin, inténtase ridiculizar todo o considerado serio o resto do ano, é unha maneira de ceibar, dun xeito lúdico e humorístico, as frustracións do ano.