... de nen@s para nen@s... xuño 2013 | Page 21

As nenas e os nenos do 2º Ciclo de Primaria fixemos un mural para celebrar o Día Da Paz. Desta maneira xuntamos as siluetas das nosas mans convertíndoas nunha fermosa pomba acompañada dunha poesía.

OBRADOIRO DE OLEIRÍA:

Os nenos e as nenas de 4º A fixemos un Obradoiro de Arxila no que creamos lapiceiros con forma de tartarugas e xoaniñas. Pintámolos e barnizámolos e fixemos unhas tarxetas personalizadas para Coincidindo có Día do Pai, algúns aproveitaron este agasallo para dárllelo a eles.

OBRADOIRO DE FLORES DE FLETRO.

Tamén fixemos un obradoiro de feltro. Preparamos flores recortando feltro e pegándoo con pegamento especial. Adornámolas e escribimos unha poesía para entregalas como agasallo. Como cadraba co día da nai, decidimos agasallasas con estes fermosos broches.