As nenas e os nenos do 2º Ciclo de Primaria fixemos un mural para celebrar o Día Da Paz. Xuntamos as siluetas das nosas mans convertíndoas nunha fermosa pomba acompañada dunha poesía. Clicade aquí para velo
OBRADOIRO DE OLEIRÍA:
Os nenos e as nenas de 4º A fixemos un Obradoiro de Arxila no que creamos lapiceiros con forma de tartarugas e xoaniñas. Pintámolos, barnizámolos e fixemos unhas tarxetas personalizadas como complemento ás nosas creacións, para aqueles que quixesern regalalo. Dado que o día do pai estaba moi próximo.
OBRADOIRO DE FLORES DE FLETRO.
Tamén fixemos un obradoiro de feltro. Preparamos flores recortando feltro e pegándoo con pegamento especial. Adornámolas e escribimos unha poesía para entregalas como agasallo. Como cadraba co día da nai, decidimos agasallar ás nosas con estes fermosos broches.