Loita polos dereitos humanos
Trump firma unha orde executiva que retira EEUU do Consello de Dereitos Humanos das Nacións Unidas. É curiosos que argumenten que non seguen a formar parte deste consello debido a que é unha “organización hipócrita e egoísta que se burla dos dereitos humanos”. Pero, quen se esta burlando dos dereitos humanos? Cando expulso a inmigrantes e tildoos de delincuentes, cando non recoñezo ás persoas do colectivo LGTBI, cando ....
Ademais pecha a USAID, OMS, UNICEF e outras axencias da ONU para a protección dos dereitos.
ATAQUE COLECTIVO LGBTIQ+
”Restaurar a verdade biolóxica”. Trump ven de recoñecer tan so o xénero masculino e feminino, borrando o resto de identidades. Elimina dun plumazo todos os dereitos do colectivo LGBTIQ+ e con elo fomenta a intolerancia e a discriminación contra a diversidade sexual de lesbianas, gais, bisexuais, transxéreno e intersexuais.
INMIGRANTES
Remata cos procedementos de asilo e persegue ós inmigrantes para deportalos.
ATAQUE LIBERDADE DE EXPRESIÓN
Represión en protestas estudiantis fundamentalmente en defensa do pobo palestino.
ATAQUE A LIBERDADE DE PRENSA
Ataques a periodistas, demandas contra medios de comunicación, uso abusivo da regulación dos medios...
Medio ambiente
Trump declara a ”Emerxencia enerxética nacional” coa finalidade de potenciar a produción de petróleo e gas no país revertendo a transicións cara fontes limpas. EEUU é o segundo maior emisor de carbono do mundo e abandona o acordo climáticos de París para seguir séndoo con total impunidade.
Recollemoas as palabras da Obipa Mariann Edgar Budde... "Hai nenos gais, lesbianas e transexuais, e familias demócratas e republicanas e independentes, algunhas das cales temen polas súas vidas (...). Non ser cidadáns, ou ter a documentación apropiada. Pero a vasta maioría dos migrantes no son criminais. Eles pagan impostos, son os nosos veciños, son fieis membros das nosas igrexas, mesquitas, sinagogas e templos (...) Pídolle que teña clemencia con aqueles nas nosas comunidades cuxos nenos temen que os sus pais sexan levados lonxe. E que axude ós que foxen de zonas de guerra e persecución nas súas propias terras a atopar compaixón e acollida" aquí".