COSMAG Junio 2025 | Page 5

O Instituto no que nos encontramos, o IES Cosme López; está situado

en A Rúa de Valdeorras.

5

A Rúa é un municipio situado na comarca de Valdeorras, na provincia de Ourense, en Glaicia. Este lugar destaca pola súa beleza natural, a súa rica historia e o seu importante papel na economía da rexión.

A historia de A Rúa de Valdeorras remóntase a tempos moi antigos. O municipio está ubicado nunha zona de gran valor arqueolóxico, con vestixios que datan da Idade de Ferro, o que demostra a importancia desta área durante as primeiras civilizacións. Ao longo dos séculos, A Rúa foi un lugar habitado por diferentes pobos, coma os celtas, e logo pasou a formar parte do Imperio Romano, xa que a rexión estivo moi influenciada por esta cultura.

A Rúa é un destino ideal para quen busca disfrutar da natureza e da tranquilidade. A Comarca está rodeada de montañas e vais, o que ofrece moitas posibilidades para realizar actividades ao aire libre.

A Rúa é un destino ideal para quen busca disfrutar da natureza e da tranquilidade. A comarca está rodeada de montañas e vas, o que ofrece moitas posibilidades para realizar actividades ao aire libre.

A Rúa tamén é coñecida polas suas festas tradicionais, que atraen a moitos habitantes e visitantes. Unha das festas máis importantes e a Festa da Vendimia, que se celebra en setembro para conmemorar a colleita da uva.

Outra festa destacada é O Carnaval de A Rúa, que ten lugar en febreiro. Durante estos días, o municipio chéase de cor, música e desfiles de disfraces, nos que participan tanto adultos coma nenos.