15
O Skate, máis ca un simple deporte
Cando pensamos en deportes, hai un xigante que semella acaparar todo o protagonismo: o fútbol. É o tema central das conversas, o favorito dos medios e a paixón que move multitudes. Pero mentres os campos brillan baixo as luces dos estadios, en rúas, parques e ramplas, outro deporte loita por un espazo no imaxinario colectivo. O skateboarding é un deles, pero, que deberiamos ter en conta ao falar del, máis alá do seu estereotipo de “pasatempo urbano”?
O “skate” é unha actividade que borra as liñas entre deporte, arte e estilo de vida.
Aínda que o skateboarding gañou recoñecemento oficial ao debutar nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020, a súa esencia segue a ser fondamente rueira e alternativa. A diferenza doutros deportes con regras claras e estruturas xerárquicas, o skate permite aos seus adeptos crear o seu propio camiño, adaptar o seu estilo a calquera lugar; unha rampla improvisada nunha rúa pode converterse no escenario perfecto.
O que diferencia o skate doutros deportes é o seu impacto cultural. Máis alá das piruetas e dos trucos, converteuse nunha expresión de música, moda e arte. Bandas de punk e hip hop atoparon neste mundo un eco auténtico. A roupa folgada e os deseños extravagantes adoptaron a súa estética desenfadada. Mesmo o cine e os videoxogos popularizaron esta visión rebelde do skate, con icóns como Tony Hawk ou Rodney Mullen.
Tamén ten un fondo compoñente filosófico: a idea de erguerse cada vez que caes, de aprender dos erros e de perfeccionar un truco cen veces ata conseguir o resultado desexado.
A vindeira vez que vexas alguén facendo piruetas nun varandín ou un flip en plena beirarrúa, non penses que está a perder o tempo. Pode estar a construír a súa identidade, enfrontarse aos seus medos, ou tamén merece o noso aplauso.
Skate na cultura