Audio-poemas para celebrar o "Día da árbore" Día da árbore | Page 2

Este ano o día da árbore hai que celebrar, e para iso a natureza teremos que coidar, lumes non faremos e bosques non queimaremos, deste xeito o noso gran de area aportaremos. A vexetación temos que protexer, para que as árbores poidan crecer, a terra moi limpa ten que estar, porque se non nada se pode sementar. Castiñeiros en Galicia abondo temos, especies invasoras non queremos, os piñeiros aquí non teñen que estar, porque cos nosos soutos van acabar. Jimena Os eucaliptos pouco tardan en medrar, e moitos nutrientes quérennos arrebatar, eles da nosa terra estanse a aproveitar, e despois os lumes póñense a propagar. Na ribeira dun río salgueiros podes atopar, eles onde haxa humidade teñen que estar, coa súa forza no medio do río pódense fixar, e tamén moi rápido son capaces de medrar.