Audio-poemas para celebrar o "Día da árbore" Día da árbore | Page 10
Sabela
No día da árbore imos xogar
e ao redor delas teremos que bailar
todos xuntos imos cantar
e neste día pasarémolo xenial.
Polo campo irei pasear
e xunto as árbores moi ben o vou pasar
collerei moitos froitos para agasallar
e toda a familia os imos xantar.
Ata a súa copa eu vou trepar
e todos xuntos alí imos estar
despois teremos que baixar
para á casa marchar. Ao día seguinte puxémonos a pensar
e unha nova árbore imos plantar
así a árbore soa non vai quedar
porque coa súa nova amiga vai estar.
A árbore moi triste vai quedar
porque sen nós soa vai quedar
e de menos nos vai votar
pero nós temos que marchar. A árbore triste non volveu estar
porque coa nova árbore moi ben o vai pasar
e así a súa nova amiga terá que medrar
para á súa amiga poder alcanzar.