Audio-poemas para celebrar o "Día da poesía" Audio-poemas para celebrar o Día da Poesía | Page 4
A leución - CELSO EMILIO FERREIRO
Adeprender a vida é tan difícil
ou máis que resolver un crucigrama.
Tan difícil ou máis que unha pregunta
que houbera que facer na madrugada
cando tódolos arbres choran noite
i os galos cantan.
Adeprender a vida é moi difícil
i ademáis cansa.
Cando tes a leución medio sabida
non che sirve pra nada.
As cousas son así: imos e vimos,
sin enterarnos nunca do que pasa.
Pra saber a leución dámoslle voltas,
cando acaso mellor era non darllas.