Audio-poemas para celebrar o "Día da poesía" Audio-poemas para celebrar o Día da Poesía | Page 13
Onte foi cabalo de cinza - Infancia
FRANCISCO XAVIER FRIAS CONDE
Acórdome da mía infancia
como daquel longo día;
eu era acaso pequeno,
chamaba ás cousas
con aquelos nomes fantásticos.
Era neno sen infancia rematada,
retaba ás tormentas
cun lapis como espada,
cría que as mantas do braseiro
eran un castelo con cheiros de inferno.
Neno con maos en forma de binteiro,
estaba eu por cima
do pranto allén, mais morreu mía infancia
herdada,
quedei de min mesmo viúvo,
doente.
Hoxe, nas noites lóbregas,
cuando os lóstregos se achegan ao torreón
feito de follas
asústome, xa non teño
un vasoiro como lanza,
unha ilusión como cabalo.
Kevin