Amfiv - Challenge Cup Vigo 2017 Amfiv Copa de Europa | Page 9
SALUDA SECRETARIA GENERAL PARA EL DEPORTE
Hai algo que une dun xeito inexorable á Xunta de Galicia e á Asociación de Minusváli-
dos Físicos de Vigo. E ese algo é moito máis que unha característica, unha ideoloxía ou
calquera outra eventualidade. Ese algo é un estilo de vida: a decisión de traballar para
facilitarlle as cousas a aqueles que carecen de todas as vantaxes.
Con esta prioridade en mente, nace AMFIV no ano 1982 co obxectivo de conseguir
unha rápida e eficaz integración social das persoas con discapacidade física. Hoxe, 35
anos despois, o club olívico recolle o froito de toda unha vida traballando en prol dos
que máis o necesitan e organiza un evento de sona internacional. A Challenge Cup
terá lugar en Vigo do 27 ao 30 de abril de 2017 e nela poderán verse oito dos mellores
equipos de baloncesto en cadeira de rodas de toda Europa.
Entre eles estará o AMFIV. Un club que chega a esta cita como anfitrión pero que ten
gañado a pulso o dereito a medirse cos mellores equipos do mundo. Os xogadores do
conxunto vigués, que xa teñen representado a España nos Xogos Paralímpicos desde
Seúl 88, son os artífices de moitos éxitos colleitados tanto a nivel nacional como interna-
cional e que enchen de trofeos e orgullo as vitrinas do deporte galego.
É o baloncesto en cadeira de rodas un deporte que xunta moitos dos valores que
promovemos desde a Secretaría Xeral para o Deporte. Constancia, esforzo, sacrificio,
perseveranza e como non, traballo en equipo. Precisamente o traballo en equipo é a
arma máis poderosa que temos para acadar unha inclusión efectiva entre os membros
da nosa sociedade. Ese é o deporte que queremos na Xunta de Galicia: o deporte
como vía de inclusión social e desenvolvemento para as persoas con diversidade, ben
sexa física, psicosocial, cognitiva ou sensorial.
Non podería escoller outra cidade que non fose Vigo como escenario desta competi-
ción. O Vigo motor industrial de Galicia, o Vigo que se alzou contra a opresión en 1809,
o Vigo como cidade máis poboada dunha terra en declive demográfico. Todos estes
fitos acadáronse co traballo de moitos. Un traballo comprometido no que cada vigués
e cada viguesa puxeron o seu grao de area para conseguir o beneficio común. Non me
cabe dúbida que o AMFIV seguirá os pasos que lle ten marcado a súa terra para poder
alzarse coa vitoria na Challenge Cup.
Porque para chegar ao máis alto, é preciso esquecer os egos. A primeira persoa en
alcanzar a cima do Everest, un famoso sherpa nepalí dixo que “ao escalar unha gran
montaña ninguén deixa a un compañeiro para alcanzar a cima só”. Seguide este exem-
plo e acadaredes moito máis que éxitos deportivos. Porque o traballo en equipo divide o
esforzo e multiplica os resultados.
Marta Míguez
Secretaria Xeral para o Deporte
9