Amfiv - Challenge Cup Vigo 2017 Amfiv Copa de Europa | Page 7
SALUDA PRESIDENTA DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Unha cidade integrada é unha cidade xusta, democrática, unha cidade da que a súa
cidadanía se pode sentir orgullosa. A cidade de Vigo, ao acoller de novo a Fase Final do
Campionato de Europa de Baloncesto en Cadeira de Rodas que promove o Club Amfiv,
avanza a paso firme neste eido.
As institucións públicas, como representantes de toda a cidadanía, débense compro-
meter firmemente na aposta pola integración das persoas con diversidade funcional,
garantir os seus dereitos básicos para que o que a priori pode supoñer impedimentos
teña as consecuencias máis mínimas na súa calidade de vida. Así o fai a Deputación
de Pontevedra e eu, como a súa Presidenta, sinto un profundo orgullo por que así sexa.
Orgullosa porque as persoas, sexan cales sexan as súas circunstancias, son o centro da
nosa acción política e tamén porque, para aquelas con maiores dificultades, existen
respostas e solucións que permiten facilitar o seu día a día.
O Club Amfiv, un buque insignia na cidade de Vigo no eido do deporte adaptado, é un
claro exemplo de todo o que se pode conseguir pola integración a través do depor-
te. Os seus 33 anos de percorrido, así como os numerosos éxitos deportivos que leva
colleitando durante todo este tempo, son o seu testemuño máis fidedigno. Cunha nova
celebración do Campionato de Europa de Baloncesto en Cadeira de Rodas, que se
desenvolverá entre o 26 e o 30 de abril, conseguirán que a cidade de Vigo e a provincia
de Pontevedra se convertan, de novo, nun referente, nunha terra que entende as nece-
sidades da súa cidadanía na súa máis extensa pluralidade.
Por iso, como Presidenta provincial, debo felicitalo, pero non so iso, senón tamén
agradecelo e estender a nosa colaboración para que a integración das persoas con
diversidade funcional sexa unha prioridade que reúna a todos os sectores da sociedade,
sexan institucións públicas ou ben sexan iniciativas privadas.
Pero non quixera rematar sen, por suposto, salientar o compromiso do no so Goberno
provincial co deporte tanto de base como de elite, xa que son extensas as maneiras en
que repercute na sociedade, a través da transmisión de valores sumamente beneficio-
sos e da consecución de éxitos.
No caso do Campionato de Europa promovido polo Club Amfiv, estou segura de que
será unha mostra máis do enorme potencial da provincia de Pontevedra tanto pola
excelencia dos seus e das súas deportistas como tamén en calidade de anfitrioa deste
evento que nos permitirá promocionarnos e posicionarnos no foco de atención de
Europa.
Carmela Silva Rego
Presidenta da Deputación de Pontevedra
7