Amfiv - Challenge Cup Vigo 2017 Amfiv Copa de Europa | 页面 3
SALUDA ALCALDE DE VIGO
Vigo recibe estes días a oito dos mellores equipos europeos de baloncesto en
cadeira de rodas que, co AMFIV como anfitrión, disputarán a Copa de
Europa Challenge Cup no Pavillón Municipal de Bouzas e no Pavillón de
Navia. O club leva moitos meses traballando para organizar esta cita e con-
seguir que a competición se desenvolva con éxito. Por iso quero amosarvos
o meu apoio e agradecemento polo esforzo dedicado a este evento, que
conta tamén coa cooperación do Concello.
Será unha oportunidade para que todas e todos gocemos na cidade do
espectáculo do mellor baloncesto en cadeira de rodas e será o momento de
ver como o AMFIV regresa á competición en Europa, desde a súa propia casa,
e coa ilusión de acadar un título que estivo a piques de conseguir en tres oca-
sións. Así que, toda a forza de Vigo está co equipo!
O labor do AMFIV en favor da integración social das persoas con discapacida-
de mediante a práctica deportiva é encomiable e motivo de orgullo de toda
a cidadanía viguesa, especialmente, polos resultados tan satisfactorios aca-
dados nos trinta e cinco anos de historia da entidade. O voso traballo abriu un
camiño digno de salientar no eido da igualdade de oportunidades a través do
deporte.
Dende o Concello apoiamos os obxectivos do AMFIV, tanto nesta cita como
na actividade diaria, porque entendemos o deporte como unha parte funda-
mental da vida cidadá e apostamos pola promoción deportiva como un xeito
de impulsar a nosa imaxe como cidade dinámica e emprendedora. Unha
cidade que estes días recibe cos brazos abertos aos participantes na Copa
de Europa de Baloncesto en cadeira de rodas Challenge Cup. Sexan todas
e todos benvidos, gocen da cidade e do grande espectáculo deportivo que
viviremos!
Abel Caballero
Alcalde de Vigo
3