47 | Page 31

ANDURIÑA Pax 31
XELA ARIAS
( poetísa homenaxeada no Día da Letras Galegas 2021 )
Xela Arias foi unha escritora , poeta e tradutora española en varios idiomas , ademais de editora e profesora de galego . Nacemento : 4 de marzo de 1962 Falecemento : 1 de novembro de 2003
En novembro do ano 2003 Xela Arias faleceu aos 41 anos nun hospital de Vigo debido a un ataque cardíaco . Foi enterrada no cemiterio vigués de Pereiró
Traxectoria literaria
1986 Denuncia do equilibrio 1986 Lili sen pistolas 1990 Tigres coma cabalos 1996 Darío a diario 2003 Intempériome
Desde o ano 1980 Xela Arias empezou a publicar en xornais e revistas como A Nosa Terra , Diario 16 de Galicia , Faro de Vigo , Xornal de Noticias do Porto , Dorna , Tintimán , Carel ou Katarsis .
Xela Arias Castaño naceu en Sarria , Lugo en 1962 co nome de María de los Angeles , pero desde os 6 anos chamáronlle Xela .
En 1984 María de los Ángeles pasou a ser María dos Anxos . En 1992 casou co fotógrafo e matemático Xulio Gil Rodríguez , con quen tivo en 1994 ao seu único fillo , Darío ..
Deixou os estudos cando cursaba COU , para comezar a traballar en Edicións Xerais de Galicia , Primeiro realizou traballos de oficinista , despois de creación e investigación e entre 1990 e 1996 como correctora de estilo e editora .
En 1991 retomou os estudos , cursando Filoloxía Hispánica na Universidade de Vigo , licenciándose en 1996 pola Universidade de Santiago de Compostela , e iniciando a especialidade en galego-portugués .
No curso 1999-2000 comezou a exercer como profesora substituta de ensino secundario , de lingua e literatura castelá , en institutos de Santa Comba , Moaña , Pontevedra , Santiago de Compostela e Vigo .
A súa introdución no mundo literario produciuse en 1986 con Denuncia do equilibrio , un poemario innovador , con temática heteroxénea que prioriza o seu fondo por encima da súa forma e sintaxe arbitraria . Con esta obra deuse a coñecer e logrou ser finalista do Premio Losada Diéguez . Nese mesmo ano ingresou na Asociación de Escritores e escritoras en Lingua Galega .
No ano 1991 , colaborou co grupo de rock vigués Desertores , rexistrando as letras dun dos seus discos , con cancións baseadas nos seus poemas .
Tres anos despois do nacemento do seu fillo Darío , en 1996 , publicou Darío a diario , onde a poeta ofrece unha reflexión sobre a súa propia experiencia como nai , cunha relectura da maternidade afastada da visión tradicional e desde o cotián .
O seu último poemario , Intempériome , foi editado o mesmo ano da súa morte ( 2003 ) por Miguel Anxo Fernán Vello
Sandra López 4 º ESO