47 | Page 28

ANDURIÑA Pax 28
primeiro momento na vida do pobo ( Parroquia , actividades sociais e lúdicas …)… e o Colexio segue adiante con renovadas ilusións .
Tamén hai que dicir que varias veciñas optaron pola vida relixiosa e hoxe forman parte da Congregación : Sor Dolores Posada López , Sor Elvira Posada Hermida e Sor María José Sampayo González . Podemos sumar a este grupo a Sor Pilar Salaverri Cabanela , que sendo de Mondoñedo , viviu en Vilaronte e foi alumna do Colexio . A integración destas relixiosas na Congregación chegou a tal punto que Sor Dolores e Sor Pilar foron elixidas Nais Xerais da Congregación , o máis alto cargo a nivel mundial das Franciscanas da Purísima . poema que di así :
Desperto e vou ao Colexio co uniforme e a capiña cos libriños baixo o brazo . Que frío fai este inverno ! Que frío sente a ánima miña ! E cando chego a esa porta os bos días da monxiña , trocan o frío en calor a ánima alenta ledicia , e inda que non saiba a lección sinto que me dan AMOR .
Para rematar quero trasladarme un cuarto de século atrás cando celebrábamos o 50 Aniversario deste Colexio e recordo unhas sentidas e emocionantes palabras de Suso Fernández , Cronista Oficial de Foz : Nos reunimos hoy aquí , convocados por un sentimiento colectivo de afecto y reconocimiento , para rememorar uno de los hechos más trascendentes de la historia de nuestro pueblo .
Palabras que tiveron continuación cunha ex alumna , Carmen Fernández García , que logo de expresar as súas vivencias , rematou cun
Vaia , pois , o afecto , o recoñecemento e a gratitude deste pobo para as Irmás Franciscanas da Purísima , unhas mulleres consagradas que souberon integrarse na sociedade focega e mariñá con tino , esforzo e acerto .
Parabéns e longa vida ao Colexio Nosa Señora do Pilar .
Moitas grazas .
Antón Niñe Fernández